Dúas universitarias de Pontevedra reciben bolsas para cursar estudos de máster
Por Redacción
As pontevedresas Lorena González Gil e Laura Pérez Sánchez recibiron de mans do director xeral da Fundación A Caixa, Jaime Lanaspa, unha bolsa da entidade para realizar estudos de máster en universidades españolas.
Segundo explica a entidade, un total de 100 universitarios españois foron seleccionados pola Caixa na oitava convocatoria do seu Programa de Bolseiros para estudos de máster en España, que contou cunha dotación de 3,28 millóns de euros.
A promoción de 2012 distinguida conta con Lorena González Gil, licenciada en Ingeniería Química pola Universidade de Santiago, que recibiu unha bolsa coa que está cursando un máster en Estudos Ambientais na Universitat Autónoma de Barcelona.
E Laura Pérez Sánchez, licenciada en Filología Hispánica pola Universidade de Salamanca, está realizando un máster en Estudos Comparados de Literatura, Arte e Pensamento na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona coa bolsa que recibiu da Obra Social A Caixa.