A Policía Local e Emerxencias constatan unha redución de incidencias en Sanxenxo durante a Semana Santa
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo destacou que os balances de intervencións realizadas tanto pola Policía Local como polo Servizo Municipal de Emerxencias "reflicten unha redución de incidencias durante a Semana Santa con respecto a anos anteriores".
O goberno local considera que a política de promoción turística desenvolvida desde a Concellería de Turismo ten moito que ver coas cifras récord de ocupación hoteleira.
O alcalde, Gonzalo Pita, diferenza entre o número de visitantes e pernoitas rexistradas en Sanxenxo durante os pasados días, coa elección do municipio para gozar do lecer nocturno. "Son dous perfís de turismo totalmente diferentes e que conviven no noso pobo. A masificación que se produce no porto deriva en incidentes puntuais. Non é un problema novo, sin siquera recente".
E é precisamente no control do lecer nocturno onde o goberno local necesita un reforzo de medios, ao resultar insuficiente a dotación de efectivos municipais. Por iso, Gonzalo Pita agradeceu especialmente a colaboración prestada pola Subdelegación do Goberno, que reforzou os seus efectivos en Sanxenxo cun maior número de axentes cuxa presenza resultou, en moitas ocasións, disuasoria.
Gonzalo Pita lembra que Nauta, por segundo ano consecutivo, reforzou a vixilancia no porto deportivo de Sanxenxo, incrementando incluso o número de vixiantes. "Este ano aumentamos de 6 a 10 o número de axentes no porto para controlar, na franxa horaria de 0 a 9 da mañán, calquer posible situación que se dera nas instalación de Nauta".
Instan os responsables dos locais de lecer a exercer con responsabilidade a súa actividade
Polo que respecta á Policía Local o número de incidencias atendidas entre a noite do xoves e a do domingo alcanza as 73, que se distribúen entre 22 por ruídos en pisos, 17 por botellón, 20 por queixas veciñais, 7 por pelexas e 3 por ruídos en locais.
A maiores a Policía Local despregou un dispositivo de control horario nos establecementos de lecer nocturno situados no termo municipal de Sanxenxo, resultando a tramitación de seis denuncias por incumprimento de horario, algunha delas de forma reincidente.
Neste sentido, Vanessa Rodríguez Búa, concelleira de Seguridade, instou os responsables dos locais de lecer a exercer con responsabilidade a súa actividade compartindo o obxectivo común de ofrecer un lecer de calidade para conseguir que o municipio siga sendo un referente turístico nacional.
Relacionadas:
-
Telmo Martín reforza a seguridade para "evitar que se manche o nome de Sanxenxo"
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación entre os empresarios polo "descontrol nocturno" en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Os populares critican que o goberno local sexa "incapaz de ter Sanxenxo limpo"
Por Oskar Viéitez |
-
Reforzan a seguridade no porto deportivo de Sanxenxo para Semana Santa
Por Redacción |
-
Sanxenxo reclama máis presenza policial en Semana Santa e o verán
Por Redacción |