Marín repara os afundimentos en beirarruas de rúas do centro
Por Redacción
A Concellería de Medio Ambiente de Marín ven de rematar este venres as obras de reparación dos afundimentos de beirarrúas iniciadas para reparar danos provocados polas chuvias e por diversos problemas relacionados coa rede de agua e pluviales.
As reparacións de afundimentos realizounas a brigada municipal de Obras durante a última semana e o Concello de Marín anuncia que xa as da por reparadas.
As obras acometéronse nas rúas Concepción Arenal , Ezequiel Massoni e Fonte do Este.