VÍDEO.- Óscar Graña, reincidente en rescates: "É a segunda vez que me tildan de heroe e eu considero que non"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Óscar Graña, tres veces campión do mundo e de Europa de piragüismo maratón, é xa dúas veces vencedor de rescate no río Lérez. A súa acción deste luns ao salvar a unha muller que se estaba afogando no río Lérez converteuno, en realidade, en heroe reincidente, pero el non o ve así, senón que considera que "nestas situacións de máxima tensión, o instinto natural é axudar aos demais" e calquera actuaría como el.
"É a segunda vez que me tachan de heroe e eu considero que non, xa o dixen a outra vez", sinalaba este luns ante os medios de comunicación horas despois do rescate. Compareceu na Comisaría Provincial e de uniforme, pola súa condición de axente da Policía Nacional que estaba nese momento fóra de servizo, e, aínda emocionado, relatou que é xa a segunda vez e "espero non ter que volver enfrontarme a situacións destas", pois "son moi desagradables".
O seu xesto foi decisivo para salvar a vida da muller, pero na mañá deste luns houbo outras accións tamén claves no rescate. Catro persoas que corrían pola outra beira do río Lérez na contorna de Monte Porreiro viron como a muller pedía axuda e Óscar Graña tirábase a salvala, de modo que se ofreceron a axudarlle. Xa non foi necesario, pero si atoparon nas inmediacións a unha muller que levaba móbil, pedíronllo prestado e alertaron ao 112.
Rosa é unha desas persoas. Acompañábana o seu marido, garda civil de Pontevedra franco de servizo; outro axente do instituto armado retirado e un coronel do Exército na reserva. A pesar da tensión, lograron sobrepoñerse e actuar rápido en busca do móbil que eles xusto ese día non levaban. Do mesmo xeito que lle ocorre a Óscar Graña coa súa fazaña, eles cren que "en una situación como esa, todos ayudamos" e restan importancia ao seu xesto a pesar de que a rápida chegada da Policía Local e dunha ambulancia do 061 foron clave para lograr que a vítima, unha muller de 61 anos que xa se recupera do incidente.
En canto ao xesto de Óscar Graña, el mantén que non foi extraordinario, pero si lle deixou as emocións a flor de pel. Ante os medios mostrou eses sentimentos e tamén que aínda ten moi presente o seu anterior rescate, de xullo de 2015. Segundo relatou, este luns, na piragua, "la primera imagen que me viene a la cabeza es la imagen anterior de la otra mujer" e como esta estaba a abrir a boca "como cogiendo agua y agonizando". A imaxe non lle detivo e "sin pensarlo tampoco mucho porque si lo piensas igual hasta te lo planteas", tirouse.
A situación non era fácil, pois "no respondía, estaba prácticamente inconsciente, tenía mucha ropa encima". A muller "pesaba mucho hacia abajo, las condiciones eran bastante malas", pero tirouse e logrou sacala á superficie e, co brazo que tiña libre, nadar cara á beira. Logrouno, pero aínda tiña outro obstáculo por salvar, un alto que hai na beira duns 70 centímetros. Fixo un último esfuezo tras comprobar que, ao poñela de lado, "empieza a coger aire, se le abren los ojos y veo que respira". Logrou levala a terra e fíxolle unha primeira reanimación cardiopulmonar ata a chegada da ambulancia.
O rescate anterior non o esqueceu e este tampouco se lle irá fácil da cabeza, sobre todo porque ocorreu nunha zona "por la que entreno todos los días", pero tamén porque "son situaciones muy muy desagradables". Ademais, queda coa satisfacción de que puido falar coa muller e está ben e da avalancha de felicitacións recibidas, entre elas, o ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido; a presidenta do Congreso, Ana Pastor; e a conta oficial de Twitter da Policía Nacional.
Muy grande Óscar Graña, porque el compromiso y el servicio a los demás de un @policia están presentes durante las 24 horas del día. https://t.co/RH8Lrn8Lc2
— Juan Ignacio Zoido (@zoidoJI) 17 de abril de 2017
Relacionadas:
-
Do 'donjuán' estafador ao heroe reincidente, un ano de sucesos
Por Natalia Puga |
-
Cidadáns reprocha ao Goberno de Rajoy que o pontevedrés Óscar Graña quede sen distintivo vermello
Por Redacción |
-
O Europeo de Maratón en Portugal, reto para o piragüismo pontevedrés
Por Redacción |
-
Un "abrumado" Óscar Graña será condecorado de novo pola Policía polo seu segundo rescate no Lérez
Por Natalia Puga |
-
Óscar Graña volve rescatar unha muller que se estaba a afogar no río Lérez
Por Natalia Puga |
-
Óscar Graña, policía, piragüista e artífice dun rescate no Lérez: "No, héroe no, esto lo hace mucha gente"
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez |