A parcela dos Baños de San Xusto e a antiga minicentral serán municipalizadas
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de pechar o expediente de investigación de propiedade dos Baños de San Xusto, que se abriu no pleno do pasado mes de xullo, sen que se recibira ningunha alegación, polo que vaise proceder a iniciar a tramitación administrativa para rexistrar esta finca e a antiga minicentral no inventario municipal.
Segundo explicou o presidente, Jorge Cubela, trátase do primeiro paso para municipalizar esta contorna e abrir a posibilidade de acometer un ambicioso proxecto de rehabilitación en colaboración coa Xunta de Galicia.
Este expediente inicial pretendía discernir con exactitude a propiedade desta zona para actuar con seguridade xurídica, xa que os datos existentes apuntaban a que a contorna foi municipal dende o ano 1908 e mantivo esta situación ata, alomenos, o peche do balneario. Dende entón permanecía nunha situación de limbo.
Agora, co expediente impulsado polo executivo, xa se coñece que ninguén reclamou a propiedade e vaise comezar un segundo proceso administrativo para inventariar a parcela e a minicentral a prol do Concello de Cerdedo-Cotobade. Este procedemento arrancará no vindeiro pleno da corporación coa aprobación deste novo expediente.
A municipalización dos Baños de San Xusto, que conta co respaldo da comunidade de montes de San Xurxo de Sacos, abrirá as portas a un completo proxecto de recuperación patrimonial e etnográfica da zona da man da Consellería de Medio Ambiente, xa que o departamento autonómico, que amosou a súa intención de colaborar con esta iniciativa, xa advertira ao Concello da necesidade de facerse cos terreos para poñelos a súa disposición.
Relacionadas:
-
Jorge Cubela arremete contra cargos do PSOE por "tentar paralizar" a rehabilitación dos Baños do San Xusto
Por Redacción |
-
Os Baños de San Xusto pasarán a ser un balneario con pozas públicas
Por Redacción |
-
Investimento de 306.000 euros para a rehabilitación dos Baños de San Xusto e o local da Banda de Tenorio
Por Redacción |
-
Impulsan un proxecto para recuperar e poñer en valor as augas medicinais da Freixa
Por Redacción |
-
De quen son os Baños de San Xusto?
Por Redacción |
-
Medio Ambiente incluirá os Meandros do Lérez no Catálogo das Paisaxes
Por Redacción |
-
Primeiro paso para a recuperación patrimonial e paisaxística dos Baños de San Xusto
Por Redacción |