O novo Acuario do Grove abre as súas portas ao público o 22 de marzo
Por Oskar Viéitez
O día 22 de marzo o Acuario do Grove reabre as súas portas ao público.
Haberá cambios importantes xa que a nova empresa responsable destas instalacións investiu moito diñeiro, para dar un novo impulso a unhas instalacións que se puxeron en marcha en 1997, converténdose no primeiro acuario de Galicia.
Da man da firma Aquagestion por medio da empresa Aquarium de Punta Moreiras S.L., pretende empezar a funcionar en Semana Santa en horario de 10.30 a 20.30 horas.
A inauguración oficial será o día 21. Esta prevista unha visita ás doce do mediodía para os medios de comunicación e ás seis da tarde o acto protocolario con presenza de autoridades políticas e representantes sociais e empresariais.
Na súa páxina de Facebook xa están quentando motores de face ao estreo, "7 dias, y descontando, este proximo viernes 21 de Marzo, reinauguramos el Acuario de O Grove, redescúbrelo, nuevos decorados, nuevos proyectos, nuevos peces, nuevos aires se arremolinan en nuestro entorno. Aprovecha el viernes 22, para venir a ver las novedades. !!!! "