As ludotecas son para la Semana Santa
Por Redacción
Os nenos terán a posibilidade de asistir durante esta Semana Santa ás ludotecas que poñen en marcha a Federación provincial de Asociacións de Nais e Pais de alumnos de Pontevedra e ou Concello. Durante tres días, do 25 ao 27 de marzo estarán en funcionamento nos centros escolares de Campolongo e Manuel Vidal Portela en horario de 9 da mañá a dúas da tarde.
Ofértanse 160 prazas destinadas a menores de entre 3 a 12 anos de idade, de infantil e primaria, que cursen os seus estudos en Centros Públicos de Pontevedra con prioridade para os membros de ANPAS federais. O custo da actividade será de 10 euros polos tres días. A data límite de matrícula é o día 21 de marzo ás 14 horas. Calquera inscrición entregada fora de prazo será rexeitada aínda que se tivese realizado o pagamento.
Nas ludotecas desenvolveranse actividades de ocio e educativas co obxectivo de que os máis pequenos poidan realizar traballos en grupo e, ao mesmo tempo, divertirse durante os primeiros días de vacacións da Semana Santa.