As ladroas amorosas volven ás rúas de Pontevedra, esta semana caeron dúas vítimas
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detectaron novamente na cidade de Pontevedra a presenza de persoas dedicadas aos "furtos amorosos" a persoas maiores. Os denunciados aproximáronse ás súas vítimas con diversas escusas coa fin de gañarse a súa confianza e así manter un contacto físico que lles permitise subtraerlles obxectos sen que se decatasen.
Estes individuos escollen ás súas vítimas, principalmente persoas de avanzada idade portadoras de xoias e diríxense a elas tentando gañarse a súa confianza con algunha escusa, como a semellanza con algún familiar, consultar unha dirección, ou mesmo co ofrecemento de sexo. Unha vez que xa crearon este primeiro vínculo, os autores establecen contacto físico coas súas vítimas e aproveitan para subtraerlles os obxectos de valor que leven encima.
Na maioría dos casos, as vítimas non se dan conta de que lles quitaban obxectos de valor ata que os presuntos autores marcharon do lugar, chegando a pensar algunhas veces que se trataba dunha perda e non dunha subtracción.
Estes individuos divídense en equipos de traballo constituídos por un condutor, xeralmente home, que se encarga do transporte, localización das vítimas e facilitar a fuxida e polo menos dúas mulleres encargadas de cometer directamente a subtracción.
Esta semana denunciáronse na Comisaría de Pontevedra polo menos dous casos. En ambos as vítimas foron mulleres de idade avanzada e subtraéronlles xoias de ouro, cadeas, pendentes, reloxos etc,.
Nun dos casos a muller estaba dentro dun vehículo e solicitoulle información dunha dirección á vítima e no segundo dos casos a muller foi abordada á saída de misa na contorna da igrexa de San José de Campolongo.
Relacionadas:
-
Volven os 'furtos' amorosos con tres vítimas de 72, 80 e 83 anos en Pontevedra e Marín
Por Redacción |
-
Alerta policial: detectan de novo en Pontevedra un caso de furto amoroso
Por Redacción |
-
O 'furto da aperta' xa ten rostro: identifican unha muller de 26 anos
Por Redacción |
-
Se uns descoñecidos tentan estreitarte, sepárate e chama á Policía, volveu o 'furto do abrazo'
Por Redacción |
-
Onde está o médico máis próximo? De paso, quedo coas túas xoias
Por Redacción |
-
O furto do abrazo chegou para quedar
Por Redacción |
-
"Que muller máis bonita, que guapa es"
Por Oskar Viéitez |
-
Substrae unha pulseira de 3.000 euros a unha pontevedresa polo furto 'da aperta'
Por Natalia Puga |
-
A Garda Civil alerta de roubos a persoas maiores na rúa nas zonas máis turísticas
Por Redacción |