Dale la vuelta mantén o "feedback" ou retroalimentación con aquelas persoas que seguen este programa de PontevedraViva Radio.
Nesta ocasión emitimos un abanico de agradecementos recibidos a través do mail mariadalevuelta@gmail.com, dando a grazas a esas mulleres importantes na vida de cada persoa.
Ademais, damos resposta a unha suxestión que tamén expoñen a María González: como desaprender certa información que levamos nese "pack" innato de supervivencia e que dá lugar a que na personalidade haxa unhas crenzas limitantes.
Explícanos como ser conscientes do aquí e do agora; ter claro que queremos cambiar para fixar uns obxectivos e comezar a realizar eses cambios para conseguir crenzas potenciadoras das nosas habilidades. María González lembra, remitíndose á bibliografía ao Método Integra, de edicións Sirio.