Catro estudantes do IES Montecelo acadan bolsas Erasmus + para estudar en Italia e Portugal
Por Redacción
Catro estudantes do ciclo de grao superior do IES Montecelo comezan durante este mes de abril as súas prácticas profesionais en en Italia e Portugal, a través do programa Erasmus +.
Noelia Martínez, matriculada no Ciclo Superior de Deseño e Xestión da Produción Gráfica trasladarase a Parma para realizar o módulo de formación en centros de Traballo.Uxía Domato e Álvaro Corredoira estudan o Ciclo superior de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico e completarán os seus estudos a través da formación práctica en Braga. Por último, Pablo Suárez, recentemente titulado do Ciclo de Produción en Industrias de Artes Gráficas prepararase nunha empresa moi punteira do sector gráfica no Porto.
Esta aprendizaxe enmárcase no proxecto Erasmus +, no que o IES Montecelo participa con mobilidades propias e compleméntanse este curso co traslado dunha docente do centro en Italia, co obxectivo de coñecer e intercambiar experiencias co sector gráfico italiano, que conta cunha ampla demanda por parte dos estudantes.
Con esta iniciativa, o centro pontevedrés busca que o seu alumnado se beneficie lingüística e culturalmente desta experiencia noutros países de Europa, de maneira que adquiran experiencia que lles facilite a inserción laboral.