Aveiro inspírase na reforma urbana de Pontevedra
Por Redacción
Unha delegación da localidade portuguesa de Aveiro visitou o Concello de Pontevedra. A comitiva, encabezada polo presidente da Cámara Municipal de Aveiro, ÿlio Maia, foi recibida polo alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores. Interesados en coñecer o modelo urbán de accesibilidade e seguridade viaria de Pontevedra, os portugueses, que quedaron encantados coa beleza de Pontevedra, visitaron algúns dos enclaves senlleiros do Centro Histórico. O seu obxectivo é trasladar este modelo urbanístico á súa vila de orixe.