Os populares ven un "disparate" a compra dun local para o Concello por un millón de euros
Por Redacción
Para o Partido Popular a compra dun local que vén de anunciar o Concello para unificar neles todos os seus servizos de urbanismo, tesourería e xestión tributaria é un "disparate" do goberno municipal, a quen acusan de ter "pouco respecto" polo diñeiro dos veciños e una continua "falta de planificación".
Nun comunicado, o portavoz do PP, Jacobo Moreira, lamenta que o goberno non busque unha solución "de verdade" aos problemas de espazo que ten o Concello e lembran que o edificio que ocupan actualmente en Michelena 30 era unha "opción provisional".
"A unificación dos diferentes servizos municipais nun único edificio é unha débeda histórica do goberno local", apunta o voceiro popular, que lamenta que se paralizara o convenio coa Universidade de Vigo para trasladar todas as dependencias municipais ao antigo cuartel de San Fernando, a cambio dunha nova sede para Belas Artes nos terreos de Tafisa.
Os populares consideran ademais un "despilfarro" que os nacionalistas gasten máis dun millón de euros na adquisición dun novo local, "máxime cando no centro da cidade contamos con varios edificios públicos baleiros", asegura Jacobo Moreira.
"Non sabemos que intereses se agochan detrás desta operación da que nunca antes se falou", sinalou o edil popular, quen considera que esta "non é a solución que precisan nin os pontevedreses, nin os funcionarios que traballan nos distintos departamentos".
Ante esta situación, os populares piden ao goberno "recapacite" e que destinen eses cartos a negociar un convenio con outra administración titular de algún edificio público que estea baleiro "e para o que non atopan saída".
Relacionadas:
-
A unión entre BNG e Marea permite aprobar a renda social básica e a compra do local en Ferreiros
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP propón que o Concello concentre os servizos municipais na antiga Delegación de Facenda
Por Anxo Lourido |
-
A compra do novo local do Concello é "inmediata"
Por Alejandro Espiño |
-
O Pleno de Pontevedra estrearase en venres abordando unha modificación de crédito de 2,7 millóns
Por Redacción |
-
O Concello amplía as súas dependencias coa compra dun local na rúa dos Ferreiros
Por Alejandro Espiño |