Estacionamiento disuasorio durante as festas de Marín
Por Redacción
O Concello de Marín acondicionou un aparcamento disuasorio, para evitar o acceso dos coches ao centro da vila durante as festas.
Trátase dun solar situado na rúa República Arxentina.
Do mesmo xeito que o fixo anteriormente o Concello habilita este estacionamento unha vez que as obras do Plan Arela concluíron e as empresas xa retiraron a maquinaria.