O xeneral Cebrián despídese da Brilat: "No sé si seré reconocido como pontevedrés de toda la vida, pero yo me siento"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Tras tres anos e tres meses á fronte da Brigada de Infantería Lixeira (Brilat), o xeneral Luis Cebrián Carbonel ascendeu a xeneral de División e o seu cesamento no cargo xa é inminente. Este mércores, aproveitando xa os seus últimos momentos na base General Morillo, fixo balance desta etapa que se acaba tanto a nivel militar como humano. No plano máis persoal, confesou que tanto el como a súa familia "nos hemos hecho fanáticos" de Pontevedra.
"No sé si seré reconocido como pontevedrés de toda la vida, pero yo me siento", recoñeceu Cebrián, que, á súa chegada no ano 2014, reencontrouse con Pontevedra e descubriu "una cidade que te cautiva". Agora vaise "con mucha pena" e xa avisa que regresará de visita sempre que poida.
Chegou o xeneral Cebrián co conflito entre os comuneiros propietarios do terreo no que se sitúa a base e o Ministerio de Defensa xa solucionado e enfrontouse ao reto de mellorar as relacións. Segundo o seu balance, superouno con fartura cun fito que marcou o antes e o despois: o desfile militar celebrado no centro da cidade con motivo do 50 aniversario da brigada, do que asegura que nin o desfile realizado en Madrid o 12 de outubro con motivo do Día da Hispanidade "he notado tanto calor como el que he notado en Pontevedra".
O aínda responsable da brigada asegura que el nin sequera chegou a percibir unha relación de hostilidade e, superados os momentos máis tensos, asume que a súa tarefa foi tratar de recuperar a cidade, non no termo militar, senón no sentimental. Atopáronse unha Pontevedra "más que dispuesta a volver a recibirnos de forma más abierta una vez concluido el conflicto" e na actualidade as relacións considera que son "francamente bueas", en parte animadas polo feito de que hai 2.400 persoas traballando na base, a maioría veciños da capital.
Ademais de facer balance do pasado, o xa xeral saínte tamén avanzou ás medios novidades de fronte ao próximo ano. A previsión é que ao longo de 2018 teñan polo menos dúas saídas internacionais a zonas de operacións, unha delas con case total seguridade Líbano e outra a Iraq ou Mali.
O xa xeral de División incorporarase ao seu novo destino en Madrid en cuestión de días e será relevado polo ex xefe do Terzo Gran Capitán I da Lexión, o recentemente ascendido a xeneral de brigada Antonio Romero Losada. O seu substituto atoparase unhas instalacións moi melloradas e ampliadas.
Segundo explicou Cebrián Carbonel, a perda de terreos derivada do contencioso administrativo cos comuneiros levou unha redución das instalacións e, na zona arrendada por Defensa, habilitouse un novo poboado para adestramento en combate en zonas urbanizadas que é máis do dobre que o que tiñan, substituíuse o antigo campo de tiro de 300 metros por unha galería de tiro con condicións de seguridade moito mellores e, de paso, realizouse unha revisión xeral das instalacións.
En resumo, nestes tres anos "se ha suplido todo lo que hemos perdido en instalaciones con una potenciación de las instalaciones dentro de la base" e tamén se potenciou o uso do campo de manobras de Parga, en Lugo.
Relacionadas:
-
A Brilat empeza a concretar as súas próximas misións: serán Mali e Líbano simultáneas en novembro de 2018
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
O Día das Forzas Armadas tamén chegará á Alameda cunha exposición de material da Brilat
Por Natalia Puga |
-
O novo xeneral da Brilat destaca o "buen clima" de colaboración co Concello
Por Alejandro Espiño |
-
Antonio Romero asume o mando da Brilat, "una de las mejores grandes unidades del Ejército"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Empresario, reincorporarías a un ex militar de 45 anos?
Por Marisa Ciordia |
-
O ex xefe da Lexión Antonio Romero substituirá ao xeneral Cebrián á fronte da Brilat
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A Brilat propón celebrar o seu desfile de aniversario polas rúas de Pontevedra
-
O xeneral Cebrián tomará posesión o mércores do mando da Brilat
Por Redacción |
-
Novo xeneral, misión en Mali e convenio cos comuneiros, retos da Brilat para 2014
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |