A Fundación contra o Narcotráfico dá a coñecer aos seus premiados coa Nécora de Ouro 2017
Por Redacción
A Fundación Galega contra o Narcotráfico informou que os distinguidos este ano cos Premios Nécora de Ouro 2017 son a oficina en España da DEA a administración para o control de drogas dos Estados Unidos, a Asociación Renacer de Ribeira e a Delegación de Arousa de Faro de Vigo
Ademais Cáritas Interparroquial de Arousa foi galardoada co Premio Siso Bartomé.
Os premios serán entregados no transcurso da gala anual da Fundación, programada para este venres, 31 de marzo, a partir das 20,30 horas no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.