Que corra a cervexa! San Patricio, xa está aquí
Por Redacción
Que corra a cervexa! San Patricio, xa está aquí. A terceira edición do festival Galaico Irlandés, que organiza como cada ano, o Mareantes Rugby Club, xa comezou. Máis de 5.000 litros de cervexa e 3.500 racións de comida prevense servir nun evento que se instalou desde este mércores 13 e ata o domingo 17 de marzo, na Praza de España.
E faino con prezos máis rebaixados que a edición anterior. Chega cunha rebaixa de 50 céntimos no prezo da cervexa, que será de 3,50 euros para a negra e vermella e 3 euros para a loura. E incorpóranse, por aclamación popular, dous pratos. Callos á Galega, que se servirán o xoves e o sábado e a Fabada, que se poderá degustar o venres e o domingo. Ambos a 1,50 euros a tapa e a 3 euros a ración.
Dentro do festival realizaranse ademais proxeccións de cine temático irlandés, venderanse produtos da marca Canterbury ou se sorteará unha viaxe a Irlanda.