A falta de policías "ya se está notando en la prevención de la delincuencia"
Por Oskar Viéitez
A falta de axentes de Policía Nacional "ya se está notando en prevención de la delincuencia, una labor fundamental". Así o asegura Agustín Vigo que é o secretario provincial da Unión Federal de Policías (UFP), quen lembra que "lo importante no es pillar al delincuente y llevarlo ante el juez, sino evitar que el delincuente cometa el delito".
Este sindicalista explica que en Pontevedra a delincuencia autóctona "no es excesiva" pero "estamos globalizados y aquí viene delincuencia de todos lados cuando aquí viene una banda de otra zona hace barro". Estes grupos ou bandas "lo tienen muy controlado saben que hay pocos medios" por este motivo "pueden dar una serie de golpes durante unos días y luego desaparecen".
A UFP advirte da "gravedad" desta situación "es lo que hay que evitar y parece que no les entra en la cabeza a los dirigentes". Por este motivo este martes medio centenar de policías protagonizaron unha concentración ante a sede da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
O problema principal é que o Ministerio de Interior non dota de máis axentes ás comisarías da provincia "ni siquiera en prácticas", explica Agustín Vigo, "la disculpa que nos dan es que hay otras comunidades que están peor", unha explicación que non lles consola.
"A lo mejor lo que tienen que recortar es en historias que tienen ellos montadas de fundaciones y visitas a ‘nosédonde’, pero en servicios básicos no se puede recortar", alerta a UFP.
Segundo os datos oficiais, na Comisaría de Pontevedra hai 261 persoas en catálogo e na actualidade teñen 43 vacantes, no caso de Marín figuran en catálogo 62 persoas e 19 vacantes e en Vilagarcía, o catálogo é de 80 persoas e ten un déficit de 17 postos. A nivel provincial, existen 1.127 postos de catálogo, aínda que na actualidade están ocupados 922, o que equivale a 205 vacantes e a un déficit do 18,1%.
"En Marín hay días en los que no se puede montar ni la oficina de denuncias" explica "y lo de Vilagarcía es tremendo, si la Policía Local no echa una mano ya pueden los delincuentes pasear por allí que no hay donde sacar", indicou Agustín Vigo.
"¿Qué es lo que se pretende, que se contrate seguridad privada?", lamenta.
Por agora todas estas protestas unicamente foron recollidas polos xornalistas xa que a subdelegada do Goberno, Ana Ortiz, aínda non lles recibiu, algo que "nos empieza a parecer una falta de respeto", comentou o secretario provincial da UFP. Insistiu en que os sindicatos "somos agentes sociales y tenemos algo que decir".
Por este motivo e aínda que a mobilización deste martes gustaríalles que fose a última "por desgracia tememos que van a ser muchas más", concluíu.
Relacionadas:
-
Un borrador da Dirección Xeral da Policía propón que Pontevedra reciba 20 novos axentes este ano
Por Natalia Puga |
-
Pilar Rojo e Tomás Fole recollen as demandas da Unión Federal de Policía
Por Redacción |
-
A subdelegada do Goberno en Pontevedra recibe a representantes do sindicato Unión Federal de Policía
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A Unión Federal de Policía convoca unha concentración ante a Subdelegación do Goberno
Por Oskar Viéitez |
-
Os axentes de policía piden unha mellora da produtividade ante a diminución de delitos
Por Oskar Viéitez |
-
Acusan a Interior de "ningunear" ás comisarías de Pontevedra
Por Redacción |
-
Solicitan que a Policía Nacional en Vilagarcía sexa considerada "especie protexida"
Por Oskar Viéitez |
-
As chamadas dos pontevedreses ao 091, centralizadas en Vigo
Por Natalia Puga |