Repican as campás en Pontevedra por Francisco I
Por Redacción
Un inusitado estrépito chamou a atención dos transeuntes esta tarde.
Numerosas parroquias da provincia de Pontevedra lanzaron as súas campás ao voo durante dez minutos ao ter coñecemento de que se produciu a elección do novo Papa.
A fumata branca, como é tradicional, foi a que indicou que hai novo Pontífice en sustitución de Benedicto XVI.
Foi na quinta votación cando se alcanzou o quórum necesario para a elección do cardenal xesuita arxentino Bergoglio_ Francisco I é o novo Papa