Un motorista ferido nun accidente de tráfico en Estribela
Por Redacción
Unha ambulancia do 061 trasladou a un motorista ferido tras unha colisión na Comboa, Estribela, na subida ao Colexio de Educación Infantil Carballeira.
Segundo informarón fontes de Emerxencias 112, o suceso ocorreu preto das seis e media da tarde, cando se produciu un choque entre un turismo e unha moto que circulaba por esta vía.
Como consecuencia da colisión o motorista foi o que saíu peor parado cun forte golpe, o que obrigou aos servizos sanitarios a trasladalo a un centro hospitalario de Pontevedra.