Os nenos do Sagrado Corazón de Praceres murmuran aos cabalos
Por Redacción
Vinte e cinco alumnos de Educación Especial do colexio Sagrado Corazón de Xesús de Praceres en Pontevedra, asistiron a unha xornada de hípica non centro Apalaoosa en Marcón.
Durante tres horas da mañá, os nenos experimentaron sensacións que resultan moi enriquecedoras para eles. Xa noutras ocasións, os monitores comprobaron que os resultados son moi positivos para o desenvolvemento dos menores. Á visita asistiron tamén as titoras, a logopeda, unha psicomotricista, profesores de apoio e a coidadora que contaron coa colaboración dos monitores do centro hípico.
Durante a xornada, os pequenos puideron gozar da compañía dos cabalos que fortalecen a súa sensibilidade e a súa sociabilidade.