Vilaboa, Moraña, Vilagarcía e O Grove 'ármanse' contra a vespa velutina
Por Redacción
O Grove, Moraña, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa sumáronse este xoves á listaxe de concellos galegos que reciben material de loita contra a vespa velutina. Recibiron unha pértega cada un e Vilaboa tamén dous traxes especiais de protección.
A distribución deste material faise a aqueles concellos que non recibiron pértegas en 2016 e está dirixida aos que tiveron maior número de avisos deste insecto invasor en dito ano.
A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entregaron o material a responsables e técnicos municipais dos catro concellos e dos de Cangas, Covelo, Oia e Tomiño.
O número total de pértegas que está previsto entregar ao longo deste ano é de 41. Ademais, a Xunta está distribuíndo un total de 5.700 trampas e doses de líquido atraente entre os apicultores dos concellos afectados, co obxecto de capturar as raíñas que saen da hibernación e impedir así a formación de novos niños. Estas trampas complementan ás 5.100 que xa foron distribuídas aos apicultores nos anos 2015 e 2016.
No ano 2016 retiráronse ou inactiváronse, a través do operativo conxunto establecido pola Xunta de Galicia e os concellos colaboradores, un total de 10.272 niños en Galicia, segundo datos oficiais. No plan de vixilancia e control desta especie invasora, colaboran actualmente coa Xunta –a través do seu propio persoal– un total de 100 concellos, 24 deles de Pontevedra.
Relacionadas:
-
RADIO.- Unha raíña e doce machos que conseguiron invadir Europa
Por Marisa Ciordia |
-
Pontevedra repartirá trampas contra a avespa asiática
Por Redacción |
-
Poio recibe unha pértega para a loita contra a vespa velutina
Por Redacción |
-
O servizo municipal de emerxencias de Vilagarcía retirou 128 de vespa velutina nun ano
Por Redacción |
-
Un "palo largo" para combatir a la avispa asiática
Por Redacción |
-
Protección Civil de Caldas recibe unha pértega para combater a avespa asiática
Por Redacción |