Peche ao tráfico nun tramo de Loureiro Crespo por obras
Por Redacción
O tramo da rúa situado entre Loureiro Crespo e José Malvar á altura do antigo Cuartel da Garda Civil está sendo sometido a traballos de canalización para a nova urbanización construída nesa zona.
Durante este tempo, o tráfico será canalizado pola Travesía da Eiriña xa que a zona entre Loureiro Crespo dende Casimiro Gómez ata a rotonda do Doce de novembro será a afectada polo corte parcial de circulación. O tráfico de vehículos procedente desta rotonda cara ao centro da cidade en dirección a Casimiro Gómez e ao Hospital non se verá afectado.
Durante as primeiras horas non se rexistraron incidencias nin retencións de tráfico nese ámbito.