Feijóo e Ramallo repasan as actuacións pendentes en Marín
Por Oskar Viéitez
Este luns reuníronse en San Caetano en Santiago de Compostela, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, para repasar e impulsar as actuacións en marcha e outras pendentes que desde o Concello de Marín preténdense realizar nesta lexislatura.
Entre outros proxectos comprometeuse a priorización das sendas nas estradas autonómicas PO-551 (tramos Vilaseca a Lapamán e Bagüín a Seixo) e na PO-313 (tramos Coirados-Pardavila e Pardavila-Cadro).
Tamén se priorizará o arranxo das pistas de atletismo de San Pedro, unha actuación moi demandada que acometerá a Secretaría Xeral para o Deporte.
A alcaldesa tamén expuxo a intención de utilizar os espazos libres da Casa do Mar de Marín para atención de dependentes e o inicio das obras de Augas de Galicia pendentes ao comezo do verán cuxos proxectos ascenden a máis de 4 millóns de euros, entre as que se atopan o colector xeral e a nova impulsión e a mellora do bombeo de Lameira.
Ademais quérese adxudicar de maneira inmediata as obras de reparación da cuberta do templo antigo e a mellora das filtracións, conforme ao proxecto redactado por Patrimonio da Xunta de Galicia.
ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
Finalmente, a alcaldesa deu conta ao presidente da Xunta de dúas reivindicacións que desde o equipo de goberno municipal están a xestionarse coa Administración do Estado e que deberían frutificar nesta lexislatura, como son a remodelación da PO-11, de titularidade do Ministerio de Fomento, e o traslado da Aduana ao recinto portuario.
Relacionadas:
-
En Marea esixe á Xunta medidas de seguridade viaria na estrada PO-551
Por Redacción |
-
RADIO.- Aquel 15 de decembro no que María Ramallo casou
Por Marisa Ciordia |
-
Marín analiza con Medio Ambiente como mellorar o saneamento da ría
Por Redacción |
-
A Xunta e o Concello de Marín asinan o convenio da nova Escola Infantil de Seixo
Por Redacción |