Os empresarios locais aprenden a competir mellor
Por Redacción
A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE Pontevedra) celebrou este martes unha Xornada do Programa Re-Acciona que ten como obxectivo: conseguir mellorar a competitividade das empresas.
Os asistentes recibiron información e formación para que as súas empresas adquiran un maior valor engadido e conseguir destacar e abrirse un camiño máis cómodo nos tempos que corren.
Desde AJE Pontevedra apoian e defenden unha formación continua nesta época difícil, para conseguir adaptarse aos cambios que se presentan. "O mercado cambia rápidamente; hai que evolucionar e non quedarse atrás si queremos conseguir ter éxito".