Ferido un traballador que se precipitou dende unha altura de dous metros en Montalvo
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida na tarde deste martes tras sufrir un accidente laboral nunha vivenda de Montalvo, no Concelllo de Sanxenxo.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse ás 17.06 horas no lugar de Arra, en Montalvo.
A persoa ferida foi un traballador que estaba a realizar obras de construción dunha casa e, por motivos que se descoñece, precipitouse dende unha altura de dous metros.
A alerta deuna o Servizo de Urxencias Médicas de Galicia e motivou o traslado ao lugar da Garda Civil e o Servizo de Emerxencias de Sanxenxo.