Tregua dos cefalopodeiros ante o compromiso de axudas
Por Oskar Viéitez
Os mariñeros da flota cefalopodeira de Mauritana anuncian unha tregua nas súas protestas ante o compromiso do Goberno de establecer "nos próximos días" a Orde de axudas aos tripulantes destas embarcacións.
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente convocou axudas para os armadores afectados pola paralización temporal da flota que faena no caladoiro de Mauritania. A Orde que establece estas axudas foi publicada no BOE.
As axudas concederanse por un periodo de 6 meses de paralización temporal levada a cabo desde o 1 de agosto de 2012 ao 31 de xaneiro de 2013 ambos inclusive. O Ministerio poderá prorrogar as axudas por un periodo de seis meses máis ata completar un periodo de parada de doce meses de duración.
En canto aos marineros, segundo explicou o secretario xeral de CIG-Mar, Xabier Aboi, "nos próximos días garántennos que sairá a Orde de axudas conforme ás nosas esixencias, pero temos que velo no Boletín", dixo.
Relacionadas:
-
Os mariñeiros de Mauritania, peche indefinido en Marín
Por Redacción |
-
O BOE publica as axudas aos mariñeiros do caladoiro de Mauritania
Por Oskar Viéitez |
-
Os mariñeiros en Mauritania levan as súas protestas ao Ministerio de Agricultura en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
"La pesca aquí se queda en nada. Marín se muere"
Por Diego Espiño |
-
Os mariñeiros de Mauritania protestan en Conxemar pola reducción das axudas
Por Redacción |
-
Os mariñeiros de Mauritania mobilizaranse ata seren compensados con 45 euros diarios
Por Redacción |
-
Mariñeiros de Mauritania péchanse na Deputación para que medie ante o Goberno
Por Diego Espiño |