Carmela Silva lamenta que Andrés Díaz use o Concello de Ponte Caldelas para promocionar a Pedro Sánchez
Por Anxo Lourido
A presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, ve con ollos críticos a acción do alcalde socialista Andrés Díaz de convidar ao Concello de Ponte Caldelas ao candidato ás primarias do PSOE, Pedro Sánchez durante este mércores 15 de marzo.
Silva indicou que é moi respectuosa coas decisións dos responsables municipais pero aclara que ela nunca actuaría desta forma. A máxima dirixente provincial entende que hai que separar as institucións das actividades meramente orgánicas e políticas.
Carmela Silva sinalaba que, no seu momento, tamén criticara que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse con deputados do PP na Deputación. As institucións son os espazos onde reside a vontade popular, afirma.
En relación co proceso de primarias en que se move o Partido Socialista, Carmela Silva engadía que cada un, en referencia a Andrés Díaz, é libre de facer "o que considere". E aclaraba que a ela ninguén ten que consultarlle sobre estas cuestiones pero insistiu en que as institucións non son de quen as dirixe senón da cidadanía.
A presidenta provincial tamén publicaba en redes sociais que cando se dirixe unha institución hai que saber que non é a sede do teu partido afirmando que "confundirlo es tener pocos principios democráticos".
Relacionadas:
-
O Partido Socialista vive un bo momento... en Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
Patxi López explicará o domingo en Pontevedra o seu proxecto para o PSOE
Por Redacción |
-
Un Pedro Sánchez "muy animado" polas primarias do PSOE dáse un baño de masas en Ponte Caldelas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Ponte Caldelas, primeira parada galega na campaña de Pedro Sánchez polo liderado do PSOE
Por Alejandro Espiño |