Pedaladas está decepcionada co proxecto para Loureiro Crespo e propón unha "Súper Mazá"
Por Oskar Viéitez
O colectivo ciclista Pedaladas considera que "se está a perder unha oportunidade de mellora do espazo público" co proxecto escollido polo Concello para a rúa Loureiro Crespo, xa que o deseño anunciado "non vai máis alo que a ampliación de beirarrúas" e pensan que o barrio do leste "merece unha gran praza pública".
Por este motivo, os membros de Pedaladas deseñaron "un esbozo onde se pode ver que é posible facer unha Súper Mazá", para iso inspiráronse nas cidades de Barcelona e Vitoria que segundo insisten "posibilitaría unha mellora integral do barrio e sería un elemento de mellora do modelo de cidade".
Con este "esbozo de proxecto" o colectivos Pedaladas quere "animar ao alcalde a reconsiderar a súa postura" coa peonalización da rúa Loureiro Crespo.
"Nós pensamos que importar a Super Illa é unha gran ferramenta de recuperación do espazo público, incluso pode ser moito mellor que simplemente anchear beirarrúas", afirman nun comunicado.
Os pasos a seguir para a creación da "súper mazá do leste", son:
- A construción dunha rotonda na Avenida de Lugo fronte a Cepsa. Esta rotonda permitiría desviar parte do tráfico que sube por Loureiro Crespo sentido Ourense, incluso acortando a distancia de desprazamento e de paso reducindo tráficos de José Malvar que está saturada.
- Desviar os tráficos que van a San Mauro desde Xosé Malvar pola rúa da Estrada.
- Desviar os tráficos que van á Ponte das Correntes desde a Avenida de Lugo por Mestre de Soutullo.
- Desviar o tráfico que vai a Eduardo Pondal desde a Avenida de Lugo polos xulgados.
- Cortar os extremos da rúa Loureiro Crespo na intersección de Mestre Soutullo e 12 de Novembro para a creación da praza pública.
Os tráficos permitidos serían todos os veciños, a carga e descarga, servizos para os comercios e autorizados. Con isto produciríase unha diminución dos tráficos que non teñen destino no barrio, os vehículos que van a estacionar e non son veciños e só queda o estritamente necesario.
A entrada da Súper Mazá do leste sería pola rúa Ángel Amor Ruibal e a saída por Rodríguez Seoane. Este percorrido tamén sería permitido para os clientes do Mercadona que acceden ao aparcamento pero non poderían circular nin estacionar polo resto de rúas.
Relacionadas:
-
Hai mal rollo entre o Concello e Pedaladas?
Por Oskar Viéitez |
-
Estudan que Loureiro Crespo teña sentido único de circulación tras a súa reforma integral
Por Alejandro Espiño |
-
Cuadriplícanse as sancións a ciclistas en catro anos: 183 en 2016
Por Redacción |
-
O proxecto de paseo a Marín non colma as aspiracións dos ciclistas de Pedaladas e Masa Crítica
Por Oskar Viéitez |