Falamos? Let´s talk!
Por Redacción
Sabes falar galego e queres axudar a alguén a coñecelo a cambio de practicar outra lingua?
Queres botarte a falar galego? Queres practicar o teu galego?
Se es estranxeiro e estás interesado no galego e queres practicalo de xeito activo, se estás perfeccionando o teu galego, ou queres mellora-lo teu inglés, alemán, francés, etc., esta é a túa!
Trabalingua, unha asociación aberta de mozos da Universidade de Vigo, poñen en marcha grupos de conversa. Quen queira participar que escolla o seu perfil e lles mánde un correo electrónico cos seus datos e a lingua que quere practicar, así como a modalidade (tándem ou conversa múltiple).
- Correo electrónico: tandemtrabalingua@gmail.com
- ww.facebook.com/events/139558616220678/