Chegan cinco novas empresas ao viveiro do polígono de Barro-Meis
Por Oskar Viéitez
Cinco novas empresas chegan ao viveiro do polígono de Barro-Meis. Trátase de "100% Agua", adicada ao tratamento de auga; "Aluminium Manufacturing Componentes SL", para elaboración e deseño de estruturas de aluminio; "Icía Distribuciones" adicada ao comercio ao por menor de produtos alimentarios; "Adalla Consultores" unha xestoría e tramitación de subvencións públicas para PEMES, e "Grupo Auremar" que traballará na importación e exportación de peixes e mariscos.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este martes cinco novos convenios con estas empresas para ocupar tres naves e dúas oficinas no viveiro de Barro, chegando xunto coa solicitudes xa tramitadas a unha ocupación do setenta por cento da totalidade dos espazos dispoñibles. "Se está a ver movemento económico que é unha boa nova", salientou.
Moitos destes emprendedores que este mércores asinaron coa Deputación "xa teñen empresas que están funcionanado e agora optan por instalarse en Barro Meis" é dicir, as súas son "empresas consolidadas" que o seu negocio xa funciona "ou ben o aumentan ou buscan outras vías", sinalou Carmela Silva.
Das 16 naves que compoñen o viveiro de Barro na actualidade están ocupadas once delas máis tres que están xa solicitadas polo que a dispoñibilidade é de só dúas naves libres. No que respecta a oficinas, das 24 que ten o viveiro, están ocupadas doce e dúas xa están comprometidas, quedando libres só dez espazos.
Carmela Silva mostrouse moi esperanzada dunha rápida ocupación da totalidade do viveiro xa que todas as empresas destacan a localización de Barro como fundamental para a súa instalación. "Creemos que antes de que remate este semestre de 2017 a totalidade das naves estarán ocupadas e un gran número das oficinas tamén", destacou Silva.
Relacionadas:
-
O PP pide á Deputación que desenvolva a segunda fase do polígono de Barro-Meis
Por Oskar Viéitez |
-
As parcelas do polígono de Barro-Meis, á venda durante un ano
Por Redacción |
-
Xa está operativo o novo centro loxístico de Estrella Galicia no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
O polígono de Barro-Meis terá unha gasolineira 'low-cost'
Por Redacción |
-
O novo centro loxístico de Froiz que dará traballo a máis de 500 persoas estará listo en tres anos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |