O Concello de Ponte Caldelas insiste en denunciar o abandono da Casa da Quintán
Por Redacción
A Casa da Quintán cumpre oito anos pechada e con "evidentes signos de deterioro", explica o goberno local de Ponte Caldelas, que volveu a insistir no abandono que sofre este edificio.
É a terceira vez que o Concello eleva a voz de alarma "diante da irresponsabilidade da Consellería de Política Social", sinalan nun comunicado.
O goberno tripartito denunciou a situación en 2015 e en 2016 promoveu unha moción plenaria que instaba ao conselleiro, José Manuel Rey, a visitar o inmoble e proceder á súa apertura como Centro de Día. Ata enviaron unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
Por iso o Concello asegura asistir "con perplexidade" ao anuncio da Xunta de destinar 47 millóns de euros á construción de novas residencias de maiores nas sete grandes cidades mentres "non se poñen a funcionar os edificios que xa están preparados".
O alcalde, Andrés Díaz, asegura que a decisión de non habilitar a Casa da Quintán, pensada nun inicio como un centro de apoio a persoas con discapacidade psíquica, contrasta coa posta en servizo ao longo do último ano de catro centros de maiores en Redondela, Curtis, Maceda e Pobra do Caramiñal por parte do Consorcio Galego do Benestar.
Relacionadas:
-
O Concello e a Fundación Sálvora unen esforzos para pedir á Xunta a apertura da Casa da Quintán
Por Redacción |
-
Avanza a negociación para a apertura da Casa da Quintán
Por Noelia Torres Pintos |
-
Oito anos de abandono do "edificio pantasma" da Casa da Quintán
Por Redacción |
-
Andrés Díaz reclama a Feijóo "normalizar" as relacións institucionais con Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas acorda solicitar á Xunta a apertura da Casa da Quintán como centro de maiores
Por Redacción |
-
Novo intento na busca da unanimidade para converter a Casa da Quintán en centro de día
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas reclama á Xunta converter en centro de día a casa indiana de Quintán
Por Redacción |