Fondean unha boia auxiliar para substituír á torre baliza de Picamillo
Por Redacción
Este venres quedou fondeada unha boia auxiliar na zona onde os temporais afundiron a torre baliza de Picamillo.
O servizo de Sinais Marítimas da Autoridade Portuaria realizou o traslado deste sinal marítimo de marca lateral estribor cor verde.
A boia vai equipada cun flotador de tres metros de diámetro e reflector de radar pasivo. A súa linterna ten un alcance de 8 millas náuticas con altura focal de 5 metros.
A boia fondeada marca, xunto á de Punta Faxilda, a canle de Faxilda, a entrada norte á ría.