O 20 de marzo ENCE pecha o prazo para pedir axudas sociais
Por Oskar Viéitez
O prazo aberto para a presentación de solicitudes da primeira convocatoria de axudas do Plan Social de Ence en Pontevedra encara a súa recta final.
Nun comunicado a empresa informa que o período para a recepción de proxectos, "que van chegando a bo ritmo", rematará o próximo 20 de marzo.
A compañía anima aos veciños de Pontevedra a presentar os seus proxectos ao Plan Social de Ence, que contempla destinar ata 3 millóns de euros a diferentes programas de apoio á educación e cultura (250.000 euros), de impulso ao emprendemento e a economía (800.000 euros) á recuperación e coidado do entorno (250.000 euros), ao impulso ao emprego especializado (200.000 euros), para o apoio ao deporte de base (800.000 euros), á loita contra a exclusión social (500.000 euros), tamén axudas veciñais diversas (150.000 euros) e finalmente, ao que a compañía pasteira denomina "administración, xestión e comunicación" (50.000 euros).
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas ou xurídicas que presenten proxectos a desenvolver en Pontevedra, Marín ou Poio. "Excepcionalmente, poderán apoiarse proxectos noutras zonas sempre que se correspondan con lugares nos que resulta relevante a actividade de Ence".
Relacionadas:
-
A innovación forestal ten premio: 5.000 euros
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Ence comunica aos solicitantes o reparto das súas axudas
Por Oskar Viéitez |
-
As 342 solicitudes presentadas superan o fondo do plan de axudas previsto por ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Ence recibe 342 solicitudes para as súas axudas sociais
Por Oskar Viéitez |
-
Un cento de colectivos rexeitan a "chantaxe" de ENCE para "comprar vontades"
Por Oskar Viéitez |
-
Cheo na Casa das Campás para coñecer as axudas sociais de Ence
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Moreira: Pontevedra "va en desventaja" nas axudas de ENCE pola "ideología rancia" do Concello
Por Alejandro Espiño |
-
Aberto o prazo para pedir subvencións a ENCE
Por Oskar Viéitez |