A Semana Santa pontevedresa comeza co pregón
Por Oskar Viéitez
O Teatro Principal acolleu este luns o pregón da Semana Santa, que abre os actos programados pola xunta coordinadora das cofradías penitenciais de Pontevedra. O encargado da lectura foi Segundo Pérez, recentemente elixido Deán da Catedral de Santiago de Compostela.
Segundo é natural de Buriz (Lugo), conta 64 anos de idade, foi ordenado sacerdote en 1972 e é licenciado e doutor en Filosofía e Teoloxía pola Universidade Pontifícia de Salamanca. ÿ catedrático de Antropoloxía Teolóxica e foi director do Instituto Teolóxico Compostelano. ÿ investigador, escritor e director do anuario de Estudos Mindonienses. Desempeñou o cargo de canónigo na catedral Mondoñedo. No ano 2011 foi nomeado arquiveiro da catedral e meses máis tarde canónigo da basílica compostelana.
Segundo Pérez López substitúe ao que nos últimos anos compatibilizou os cargos de deán e arquiveiro, José María Díaz Fernández, quen xa presentara a súa dimisión cando se tivo coñecemento da desaparición do Códice Calixtino e que a volveu a presentar o pasado 20 de decembro.