O PP quere saber cal é o proxecto de Lores para este mandato
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Pontevedra quere saber cal é o proxecto do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, para este mandato.
Este xoves en rolda de prensa o portavoz popular, Jacobo Moreira, insistiu en denunciar a "parálise" na xestión municipal e acusou ao BNG de "anunciar refritos de anuncios ya hechos el año pasado".
Moreira asegurou que o alcalde acaba de darse conta de que os cidadáns son conscientes desa falta de xestión e por iso, segundo dixo o portavoz do PP, acaba de encargar cinco asistencias técnicas por valor superior a cen mil euros para redactar proxectos "que permitan tapar este vacío en el área de obras que corresponde al concejal Luis Bará".
Os populares entenden que a redacción destes proxectos "es asumible perfectamente por los técnicos municipales" polo que critican esta "privatización" ao externalizar "de forma desordenada" os proxectos de reforma do Gorgullón (21.408 euros), Virxe do Camiño (21.226 euros), Cruz Vermella (20.449 euros), Loureiro Crespo (21.634 euros) e Tomeza (21.707 euros), segundo detallou o PP.
Jacobo Moreira non pon reparos ao gasto económico que supoñen a contratación destas asistencias técnicas que si advirte da existencia dun "problema de gestión" que "como no obedece a ninguna planificación" e vai provocar unha "saturación de los servizos técnicos de contratación, intervención, ingeniería, etc." cando cheguen todos os proxectos á vez.
En conclusión, para o Partido Popular no goberno local de Pontevedra "no existe planificación, coordinación, ni gestión y tampoco se atienden las peticiones vecinales" polo que preguntan ao alcalde "¿cuál es el proyecto de Lores para este mandato?"
Relacionadas:
-
O PP denuncia que o Concello "continúa engrosando" a lista de servizos privatizados
Por Redacción |
-
Abeigón denuncia o estado de abandono do parque Amalia Álvarez
Por Anxo Lourido |
-
O PP critica o atraso na construción do parque infantil de Médico Ballina
Por Redacción |
-
O PP denuncia a parálise das áreas encomendadas ao concelleiro Luis Bará
Por Oskar Viéitez |