O plan piloto de compostaxe esténdese á parroquia de Carballedo
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade vai adiantar a posta en marcha da terceira fase do proxecto piloto de compostaxe de lixo "Dalle ao REC", desenvolvido no marco do Plan PIMA do Ministerio de Medio Ambiente, coa súa inminente implantación na parroquia cotobadesa de Carballedo, onde se situa a capital municipal.
Esta iniciativa, impulsada pola oficina municipal de Medio Ambiente, arrancou con éxito en Cerdedo durante o pasado ano e xa se estendeu aos núcleos de Caroi, Corredoira e O Cádavo a comezos de 2017 como primeiro paso para chegar tamén a todo o territorio de Cotobade.
As familias de Carballedo interesadas en adherirse a este plan, que deben inscribirse ata o vindeiro 15 de marzo nas oficinas do Concello ou vía correo electrónico, recibirán un cubo para almacenar os restos de comida na cociña, un composteiro, un aireador, un manual e un imán identificativo como guía.
Todos os participantes deberán asistir a unha charla de formación na que se lles explicará o proxecto e se lles aconsellará sobre como realizar con facilidade a compostaxe no fogar. Así mesmo, terán a súa disposición un servizo que lles proporcionará o material estruturante necesario para mesturar cos seus restos de comida.
Os participantes serán asesorados durante todo o proceso e faráselles un seguimento trimestral para comprobar o funcionamento do composteiro, corrixir posibles malas prácticas e comprobar os resultados, xa que se leva un control numérico da redución de residuos e se publican os resultados globais na páxina web do concello.
Relacionadas:
-
O plan piloto de compostaxe esténdese a Tenorio, Viascón, San Xurxo e Santa María de Sacos
Por Redacción |
-
O Concello de Cerdedo-Cotobade impulsa novos plans de reciclaxe
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade estrea novo horario do punto limpo
Por Oskar Viéitez |
-
14.720 euros para mercar novos colectores de recollida selectiva en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Moraña únese á moda da compostaxe doméstica impulsada por Sogama
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
En Cerdedo-Cotobade quen composta paga menos
Por Oskar Viéitez |
-
Cotobade acolle un proxecto piloto de compostaxe do Ministerio de Medio Ambiente
Por Redacción |