O entroido regresa á Lama pola porta grande
Por Redacción
A Lama retomou con éxito a celebración do seu desfile de entroido. Unhas mil persoas, segundo os datos facilitados polo goberno municipal, participaron -tanto dentro como fóra da comitiva- dun evento que fixo as delicias de todos os públicos.
A pesar do frío reinante, a choiva non fixo acto de presenza durante o desfile. Así, os grupos, comparsas, parellas e persoas que a título individual participaron nel percorreron sen incidencias o percorrido previsto, duns dous quilómetros, desde o pavillón municipal ata a Alameda da Lama.
En total, repartíronse 3.415 euros en premios.
COMPARSAS
1.- Os da Caña (500 euros)
2.- Amoriños de Bora (300 euros)
3.- Os Solfamidas (200 euros)
GRUPOS VISITANTE
1.- A semente de Salcedo (200 euros)
2.- As marchosas de Arcade (150 euros)
3.- Os Amigos dos Rapaces de Marín (100 euros)
GRUPOS LOCAL
1.- Cowboys da Lama (200 euros)
2.- ANPA Cal do Vergazo (150 euros)
3.- Os Beatles e anos 60 (100 euros)
PARELLAS/INDIVIDUAIS
1.- Doña Cuchara y Don Tenedor (75 euros)
2.- Laranxa e limón (50 euros)
3.- Tormenta (30 euros)
Ademais, celebrouse tamén un concurso de filloas e de orellas, doces típicos de entroido.
FILLOAS
1.- Ana Vidal García (75 euros)
2.- Francisco Boullosa Cerviño (50 euros)
3.- Mariluz Pérez (30 euros)
ORELLAS
1.- Saidou e Miguel Doallo Alonso (75 euros)
2.- Carlos Abilleira Outón (50 euros)
3.- Otilia Fortes Sieiro (30 euros)
A festa terminou cun baile de entroido que estivo amenizado pola orquestra Xacobeo.