Diego Murillo recibe a medalla de ouro da Organización Médica Colegial
Por Redacción
O presidente de A.M.A., o pontevedrés Diego Murillo, recibiu a medalla de ouro da Organización Médica Colexial (OMC). Trátase da máxima distinción que concede a corporación que representa ao conxunto da profesión médica en España.
No acto, que estivo presidido pola presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, Murillo foi ademais nomeado colexiado de honra.
A OMC decidiu por unanimidade outorgar esta distinción en recoñecemento á traxectoria profesional de Diego Murillo e polo apoio que prestou ao longo da súa vida profesional aos colexios médicos.
Durante a súa intervención, o médico pontevedrés resaltou que recibir este recoñecemento "ten sen dúbida un indubidable valor para min como ser humano e como profesional da medicina. Sen dúbida, é a honra máis prezada da miña intensa e dilata vida profesional".
Ana Pastor, pola súa banda, destacou que Diego Murillo "non foi só un magnífico médico, foi un excelente xestor, un entusiasta do seu traballo e un gran valedor de numerosos proxectos sociais e sanitarios."
"A.M.A. non sería o mesmo se non tivese á fronte a Diego Murillo", indicou a presidenta do Congreso, quen sinalou "o seu forte compromiso coa responsabilidade social, coa súa profesión e co progreso de España. Dedicoulle moitísimo tempo á profesión e ao esforzo de estar a actualizar constantemente a profesión médica".
Relacionadas:
-
Diego Murillo, Medalla de Ouro do Colexio de Médicos de Cuenca
Por Redacción |
-
Luis Campos Villarino, novo presidente de A.M.A.
Por Redacción |
-
A Organización Médica Colexial concede a Diego Murillo a súa medalla de ouro e noméao colexiado de honra
Por Redacción |
-
A.M.A. sitúa o seu seguro de automóbil como o segundo mellor valorado do sector
Por Noticia patrocinada |