O PP denuncia o "festival de dedazos" do Concello para reducir o superávit de 2016
Por Alejandro Espiño
Ata 61 adxudicacións directas en menos dun mes, valoradas en máis de 1,5 millóns de euros. Son as que se inclúen, segundo o PP, no "festival de dedazos" que protagonizou o goberno municipal o pasado mes de decembro co único obxectivo de reducir o superávit previsto ante a "escasa" execución do orzamento de 2016.
Así o denunciou este xoves o portavoz do PP, Jacobo Moreira, nunha rolda de prensa na que volveu a denunciar a xestión "caótica" do goberno do BNG en Pontevedra e a "improvisación" que preside a súa planificación, o que fai que sexa "incapaz de cumplir sus propios presupuestos".
Ao 30 de setembro, segundo os populares, o Concello só certificara 5,5 dos 17,3 millóns de euros destinados a investimentos nas contas de 2016, unha cantidade que rozou os 11 millóns ao termo do exercicio.
Isto demostra, segundo Moreira, que o BNG non é capaz de "tener los deberes hechos en tiempo y forma".
Ademais, o PP denuncia que gran parte destas adxudicacións "a dedo" foron para pavimentar vías do rural, a pesar de que o Concello conta cun contrato de mantemento deste tipo de estradas "que no están ejecutando", ante o "caos" e a "desorden" que existe actualmente no goberno municipal.
Con respecto ao superávit, cifrado en 5,4 millóns de euros, Jacobo Moreira asegurou que se trata dun diñeiro que "se le quitó a los pontevedreses" para engrosar as contas abertas en entidades bancarias e non para "reinvertir en Pontevedra". Así, o líder do PP reclamou que "si no saben gestionarlo, que dejen ese dinero en el bolsillo de los vecinos".
Moreira engadiu que as grandes infraestruturas que "hacen ciudad" están a executalas en Pontevedra outras administracións. "Lores no va a pasar a la historia como gestor de las grandes obras porque no ha sido capaz de gestionarlas", lamentou. Por iso, reclama ao BNG que "se siente y reflexione" porque manexa o diñeiro "de todos los pontevedreses".
Relacionadas:
-
Os populares lamentan que o BNG sexa "incapaz" de xestionar a metade dos seus investimentos
Por Alejandro Espiño |
-
O orzamento municipal de 2016 rozou finalmente os 83 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
Cidadáns propón crear unha comisión presidida pola oposición que vixíe a contratación municipal
Por Redacción |
-
O Concello lamenta o "ataque sistemático" do PP a empresas pontevedresas
Por Alejandro Espiño |
-
O "escalofriante" superávit amosa, segundo o PP, que "hay margen" para baixar os impostos
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello calcula un superávit de 5 millóns de euros nas contas de 2016
Por Alejandro Espiño |