Actividades accesibles, bicicleta en familia e maxia, novedades na Ruta do Viño Rías Baixas
Por Oskar Viéitez
A Ruta do Viño Rías Baixas presentou o seu programa anual para 2017 que incorpora como novidades actividades accesibles, bicicleta en familia e sesións de maxia, segundo anunciaron este xoves en rolda de prensa o presidente da asociación sen ánimo de lucro, Juan Gil de Araujo e a xerente, Lorena Varela.
Foron máis de 1.500 persoas as que participaron nas actividades organizadas na Ruta do Viño Rías Baixas durante o pasado ano, uns "buenos datos" que, segundo Gil de Araujo, "nos animan a seguir innovando con propuestas diferentes" que incidan positivamente no "progresivo interés que suscita entre foráneos y visitantes" este itinerario enoturístico.
Entre as novidades desta edición organizouse, de modo conxunto coa asociación de persoas xordas de Santiago de Compostela, unha visita e cata de viños signada e está en preparación outra iniciativa dirixida a persoas con parálise cerebral.
Tamén como novidades atópase a Ruta da Ilusión, un programa incluído dentro das xornadas de portas abertas das rutas do viño de Galicia, dentro do cal haberá dúas actuacións do mago Pedro Volta. E programouse unha Ruta con Humor, que correrá a cargo de Quico Cadaval.
Ademais ofrécese a proposta Bici en familia, que se desenvolverá no municipio das Neves, vinculada a unha nova edición da BTT Ruta do Viño Rías Baixas que se desenvolve na zona do Condado do Tea. E tamén se deseñaron outros novos percorridos dirixidos aos amantes do sendeirismo.
Outras novidades deste ano 2017 son unha Fam Tryp da Ruta do Viño de Montilla-Moriles, ademais do percorrido que os alumnos do Máster de Turismo realizarán o próximo 9 de marzo.
CATA PARA MULLERES
Con motivo do Día Internacional da Muller e en colaboración co Consello Regulador desta denominación de orixe organizouse unha cata "dirixida exclusivamente a mulleres" e que xa ten todas as súas prazas completas.
Coincidindo co Día Europeo do Enoturismo terá lugar o acto central da VI Cata Amateur, á que se sumará a celebración dunha nova cata pola ría de Arousa a bordo dun catamarán.
Manteranse ademais programas xa consolidados como Catas entre Amigos, que comezaron o pasado venres cunha degustación de tintos Rías Baixas en Santiago de Compostela. As seguintes sesións desenvolveranse en Vigo, Pontevedra e O Grove.
Relacionadas:
-
O enotruck dos viños galegos aparca na Praza de España
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Barro súmase á Ruta do Viño Rías Baixas
Por Redacción |
-
Tres de cada dez botellas de viño Rías Baixas véndense xa no estranxeiro
Por Redacción |
-
Cambados acollerá un Festival Rías Baixas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Cambados aposta forte polas actividades do proxecto de Cidade Europea do Viño 2017
Por Redacción |
-
Vicente Pombal e Johana Torres, gañadores da primeira carreira da Ruta do Viño Rías Baixas
Por Redacción |
-
A Ruta do Viño Rías Baixas é un "absoluto fracaso"
Por Oskar Viéitez |