Este pasado luns 27 de febreiro o Pazo da Cultura acollía a primeira das eliminatorias do XXVI Concurso de Murgas de Pontevedra.
PontevedraViva Radioofréceche a posibilidade de que as escoites ao completo; ben en streaming ás 18.00 horas deste martes 28, xoves 2 e venres 3; ou cando e como queiras descargando o podcast.
A segunda eliminatoria, a celebrar o mércores 1 de marzo, contará coas actuacións de: Equipo Ja de Pontevedra, Leña Verde do Grove, Murga do Naveiro parking disausorio world tour de Pontevedra e Murga Marajota e media de Vilagarcía.