A APDR ve incertezas na dragaxe do Lérez que "recomendan non levala a cabo"
Por Redacción
A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) presentou alegacións ao estudo de impacto ambiental para a dragaxe do río Lérez ao entender que tanto este informe como o proxecto en si "revelan evidencias e incertezas" que "recomendan non levala a cabo", polo menos mentres non se teña a seguridade de que a actuación non vai causar prexuízos irreversibles.
A asociación que preside Antón Masa recoñece que a dragaxe da canle do río Lérez entre as escolleras e a deposición dos sedimentos dragados na ría puidera parecer, nun principio, unha obra razoable e supostamente necesaria para mellorar a produtividade dalgúns bancos marisqueiros, pero analizouna e a conclusión é que non tal e como está proxectada.
Entre outros argumentos, asegura que o propio estudo de impacto ambiental recolle que os factores hidrodinámicos que determinan a disposición actual dos sedimentos volverán despois da obra a situalos onde se atopan actualmente, "deixando en evidencia" o "ineficaz" dunha actuación que, "no mellor dos casos, daría resultados por un breve período de tempo".
A APDR solicita que se deixe en suspenso este proxecto e se inicie un novo proceso de análise que valore, "de forma realista e sen incertezas", os posibles impactos positivos e negativos que pode carrexar a actuación, e que se realice un estudo custo-beneficio que determine si procede ou non a execución da mesma.
Relacionadas:
-
O PSOE preguntará á conselleira de Medio Ambiente que pasa co dragado do fondo da ría
Por Anxo Lourido |
-
O BNG esixe á Xunta que licite a dragaxe do Lérez no primeiro semestre de 2018
Por Redacción |
-
Que impacto tería depositar 330.000 metros cúbicos de lodos entre a illa de Tambo e Campelo?
Por Oskar Viéitez |
-
Marea Pontevedra, contraria á dragaxe do Lérez, presenta alegacións ao proxecto
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG só logra o apoio do PSOE para pedir que a dragaxe da ría non espere a 2018
Por Redacción |
-
Así será a dragaxe do Lérez
Por Oskar Viéitez |