Barro concede licencia de primeira ocupación a Estrella Galicia
Por Redacción
A Xunta de Goberno do Concello de Barro aprobou este mércores a licencia de primeira ocupación a Hijos de Rivera, S.A.U. para a nave industrial destinada a almacenamento e distribución de bebidas no polígono de Barro.
Dita nave foi construída nas parcelas A-10 e A-14 do polígono industrial Outeda-Curro, que suman unha superficie de 5.375 metros cadrados. A superficie da nave é de 3.400 metros cadrados, e o investimento realizado na mesma foi de 1.080.000 euros.
Este centro de distribución, que entrará en funcionamento de forma inmediata, vai dar servizo a todo o norte da provincia de Pontevedra e según os técnicos redactores do proxecto servirá de apoio a outros centros de distribución, pola súa gran superficie e as características técnicas coas que foi construída.
Nesta mesma Xunta de Goberno concedeuse tamén a licencia de obra á Estación de Servicio Low Cost 2015 S.L. para a construción dunha estación de servizo na parcela A-01 do mesmo polígono, que conta cunha superficie de 1.800 metros cadrados.
O investimento previsto para a construción é de 223.239 euros.
Relacionadas:
-
Xa está operativo o novo centro loxístico de Estrella Galicia no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
Tres novas empresas instalaranse no polígono de Sequeiros nos próximos meses
Por Redacción |
-
Licenza concedida a Estrella Galicia e Autocares Novas Rías para construír no polígono de Barro
Por Redacción |
-
Estrella Galicia adquire dúas parcelas no polígono industrial de Barro-Meis
Por Redacción |