O dereito laboral, protagonista de dúas novas propostas formativas en UNED Pontevedra
Por Redacción
A próxima semana arrancarán no centro asociado da UNED en Pontevedra dúas novas actividades formativas dirixidas a profesionais e estudantes do sector xurídico e económico.
O mércores 22 de febreiro comezará no centro asociado o curso Liquidacións salariais e indemnizacións por despedimento, centrado nas diferentes fórmulas xurídicas existentes para finalizar unha relación laboral e o cálculo de liquidacións, finiquitos e despedimentos.
A actividade, que se desenvolverá presencialmente todos os mércores de cinco a nove, terá unha carga lectiva de 20 horas e un custo de inscrición de 40 euros.
Do 25 de febreiro ao 22 de abril, o centro acollerá un curso básico de prevención de riscos laborais. Cunha duración de 55 horas, este curso pretende proporcionar formación de calidade en materia de prevención de riscos laborais, co obxectivo de promover, sensibilizar e incrementar os coñecementos na devandita materia entre os asistentes, buscando mellorar as condicións de seguridade e saúde laboral.
O prezo de matrícula deste curso, que será emitido por streaming, é de 95 euros.