Os concellos pontevedreses reclaman 1,9 millóns de euros polos danos do Prestige
Por Oskar Viéitez
A cifra pode parecer ridícula no medio dos grandes números que se manexan ao redor do macroxuizo do Prestige, que arrinca o vindeiro martes na Coruña.
A Fiscalía vai solicitar unha compensación provisional por danos e prexuízos de 4.121 millóns. Destes, 3.862 corresponden a danos medioambientais que serán aboados ao Estado español, e os outros 259, a administracións, entidades e particulares de España e Francia.
Entre eles fuguran os concellos da provincia de Pontevedra que reclaman 1,9 millóns de euros.
Cangas aglutina a maior parte da compensación con 1,1, seguido de lonxe por Vigo, cuns 194.000 euros. Tamén pasan de cen mil euros as reclamacións de Sanxenxo (144.504 euros) e Moaña (122.511 euros).
O resto quedan por baixo desa cifra, desde o tope de Bueu, máis de 90.000 euros, ata os pouco máis de mil euros de O Rosal.
No escrito de acusación constan outros 11 concellos desta provincia pero non figura a reclamación económica solicitada. Ese é o caso de Baiona, Marín, O Grove, Pontevedra ou Vilagarcía. Será durante o xuízo cando se coñezan esas cantidades reclamadas.
Relacionadas:
-
Presentan o documental '20 anos de dignidade' da plataforma Nunca Máis no Pazo da Cultura
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Prestige, sen culpables
Por Natalia Puga |
-
Bágoas do capitán do Prestige o día que Galicia chora a década da catástrofe
Por Natalia Puga |
-
Nunca Máis de Pontevedra maniféstase hoxe na Coruña no inicio do xuizo do Prestige
Por Redacción |
-
Sen danos no ADN pola recollida do chapapote do Prestige
Por Redacción |