Condenado a máis de 15 anos de cárcere por enganar 45 menores para obter imaxes sexuais
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Jonathan C.G. un mozo de 24 anos, veciño de San Vicente de la Barquera, en Cantabria admitiu este martes ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que contactou cun total de 45 menores para pedirlles fotografías e vídeos de contido sexual. É dicir, confesouse autor dos delitos de sexting e de elaboración de pornografía infantil.
As maxistradas da Sección Cuarta da Audiencia ditaron sentenza nos mesmos termos que pactaron o acusado e a Fiscalía, cunha imposición de penas que suma 15 anos e medio de prisión.
En concreto, Jonathan aceptou unha condena de tres meses de cárcere por cada un dos 35 delitos de sexting polos menores contactados.
Tamén foi condenado a un ano e tres meses de prisión por cada un dos catro delitos de elaboración de pornografía infantil sobre menores de 13 anos polos catro menores que lle remitiron as súas fotos; tres meses máis por cada un dos 6 delitos de sexting e 3 meses de prisión máis polo envío das fotos dunha menor, non identificada, coa que ocultaba a súa identidade.
Ademais foi condenado a un total de 66 anos en liberdade vixiada e sen contacto algún con menores, que se someta a un programa de educación sexual e a que indemnice aos dez nenos identificados cun total de 19.000 euros.
MODUS OPERANDI
Segundo o relato dos feitos que fai o fiscal e que admitiu o propio acusado, Jonathan simulaba en redes sociais ser unha adolescente. Pedía imaxes sexuais como parte dun intercambio, coa promesa de enviar logo fotografías de mesmo tenor da suposta menor baixo a que ocultaba a súa verdadeira identidade.
Entre o verán do ano 2013 e maio do 2014, a través de Tuenti ou o programa Skype, contactou con estes 45 menores, aos que despois dun tempo empezou a pedirlles "fotografías atrevidas, en roupa interior, e en función da contestación dos menores, solicitar a estes que se fixesen ou lle enviasen fotografías máis explícitas, dos menores espidos, exhibindo os seus xenitais ou masturbándose", di a Fiscalía, ou mesmo "interactuando sexualmente con algún amigo tamén menor, espidos os dous ou mesmo facéndose tocamentos mutuos".
A investigación desenvolveuse no xulgado de Cambados despois da denuncia dos pais duns menores de Meis ante a Garda Civil.
Polo menos dez das vítimas residían na provincia de Pontevedra
Os axentes descubriron que polo menos dez das vítimas residían na provincia de Pontevedra. Despois de lograr identificarlles comprobaron que 4 deles accederan a enviarlle os vídeos de contido sexual.
O tribunal recoñeceu a existencia da atenuante de confesión xa que o acusado colaborou activamente na investigación policial e xudicial, facilitando a realización da entrada e rexistro no seu domicilio, exhibindo voluntariamente o contido do seu teléfono móbil, e recoñecendo os feitos ante a Garda Civil.
Neses teléfonos móbiles e computadores incautados ao acusado atopáronse "gran cantidade de arquivos fotográficos e videográficos de contido sexual explícito con menores de idade", en ocasións menores de 13 anos, entre eles os enviados polos 4 menores pontevedreses.
SÓ CUMPRIRÁ TRES ANOS E NOVE MESES
Aínda que Jonathan foi condenado a 15 anos e medio, non estará tanto tempo en prisión.
Como explicou a súa propia avogada, Judith Gómez Álvarez, a Lei de Axuizamento Criminal establece que cando un suxeito é condenado pola comisión de diversos ilícitos axuizados nun único procedemento, se se cumpren unha serie de requisitos que establece o Código Penal, poderá pedir a refundición das condenas.
O criterio é que se determinará o triplo da pena máis grave que lle foi imposta. Neste caso, era de 1 ano e 3 meses que multiplicado por 3 significa que como máximo este acusado estará tres anos e nove meses no cárcere.
CLARAMENTE ARREPENTIDO
A avogada asegurou que o seu cliente está "claramente arrepentido" e destacou que "estamos de acuerdo con las penas impuestas " e que Jonathan "reconoció los hechos, como no podía ser de otra manera".
Tamén sinalou a letrada que "en la medida que ha sido posible ha indemnizado a las víctimas" e que "se ha colaborado también con la justicia para el esclarecimiento de los hechos".
"En nombre de mi cliente se solicita perdón por los daños que se han podido causar", engadiu.
Nestes momentos Jonathan atópase en liberdade pero tan pronto como chegue a executoria o seu ingreso en prisión será inminente.
Relacionadas:
-
Dous detidos en Pontevedra por compartir pornografía infantil a través de salas de chat
Por Redacción |
-
A xuízo por enganar 45 menores para que lle enviasen imaxes sexuais
Por Redacción |
-
No cole tamén se aprende a facer fronte á "infinidade de riscos" das novas tecnoloxías
Por Natalia Puga |
-
A que idade poden ter os nenos un teléfono móbil?
Por Oskar Viéitez |