Parada cardiorrespiratoria ao volante
Por Redacción
Un home de avanzada idade sufriu una parada cardiorespiratoria a media mañá deste venres cando circulaba co seu vehículo pola praza de Barcelos e acabou falecendo no Hospital Montecelo.
O incidente provocou un gran despregamento con tres patrullas da Policía Nacional e unha ambulancia do 061 e fixo necesario regular o tráfico rodado.
Segundo confirmaron fontes policiais, o despregamento policial responde a que o incidente provocou as chamadas de numerosos condutores e viandantes que presenciaron o incidente e pediron axuda.
O home sufriu un desfalecemento sobre as 10.45 horas, saíu do seu turismo e quedou tombado na calzada, onde foi atendido polos facultativos dunha ambulancia medicalizada de Urxencias Médica de Galicia do 061.
Ante o despregamento foron moitos os coductores que pretendían deterse para observar o sucedido, de modo que os médicos e policías despregaron unha manta térmica para tapar o paciente e poder asistilo sen intromisións.
Tras unha primeira valoración e asistencia, o home foi traslado ao Hospital Montecelo de Pontevedra. Segundo indicaron fontes do Complexo Hospitalario de Pontevedra, non foi posible reanimalo e faleceu ao poco tempo dde chegar ao Servizo de Urxencias.