O decisivo papel das mulleres na ciencia
Por Redacción
No marco do Pontenciencia 2017 están previstos obradoiros coas ANPAs e os centros de ensino para estudar o método científico e destacar a importancia das mulleres nas comunidades científicas e tecnolóxica
A Concellaría de Educación quere destacar o papel da muller na ciencia, conmemorando o Día internacional da muller e da nena na ciencia, que se celebra este sábado 11 de febreiro.
Con este motivo e coincidindo coa organización dos obradoiros educativos de Ponteciencia 2017, a concellaría organiza sesións para, ademais de estudar o método científico, facer fincapé no fundamental papel que desempeñan as mulleres nas comunidades científica e tecnolóxica.
Xa se realizaron obradoiros nos colexios San Martiño, Príncipe Felipe, Ponte Sampaio, San Benito de Lérez, Xeve, Froebel, ou coas ANPAs de Campolongo ou Barcelos. E as datas pendentes son:
- Coas Anpa
- Xoves 16 febreiro 16:30 horas. ANPA A Carballeira
- Martes 14 febreiro 19:30 horas. ANPA Andaina - Xunqueira2
- Sábado 18 febreiro 10:30 horas. Espazo Arroelo
- Cos centros educativos:
- Martes 14 febreiro:15 CEE Principe Felipe
- Venres 10 febreiro 09:15 horas. CEIP SB Lérez
- Xoves 16 febreiro 9:00 horas. CEIP Marcos da Portela (2 sesións)
Así mesmo, co obxectivo de dar visibilidade ao papel da muller na ciencia, entregáronse aos centros educativos dous exemplares dunha pequena biografía sobre a ilustre oceanógrafa María de los Ángeles Alvariño (Ferrol 1916- San Diego 2005), científica galega de recoñecemento internacional.
Estes libros están destinados ás bibliotecas dos centros educativos de educación infantil e primaria.
Relacionadas:
-
O Frei Martín Sarmiento acollerá unha exposición para visibilizar ás mulleres científicas
Por Redacción |
-
Chamada de atención para reivindicar os dereitos da muller
Por Gabriela Varela Asorey & David Arana |
-
Os científicos do mañá participan na feira final de Pontenciencia
Por Redacción |
-
Os científicos do mañá participan na feira final de Pontenciencia
Por Redacción |