O PSOE pide o cesamento do xerente do CHOP por "nepotismo"
Por Oskar Viéitez
O Partido Socialista ten previsto pedir ao goberno galego que cesamento ao xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP), José Manuel González, polo "nepotismo" co que actuou respecto ao xefe de servizo da área de Psiquiatría de Pontevedra, Víctor Pedreira.
Así o denunciaron nunha rolda de prensa celebrada na sede provincial do PSdeG en Pontevedra, na que compareceron o portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, a deputada Patricia Vilán, o portavoz municipal Tino Fernández e o antigo xefe de Psiquiatría do CHOP, Víctor Pedreira.
Unha recente sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra estimou o recurso do psiquiatra Víctor Pedreira Crespo anulando a adxudicación, no ano 2012, da praza de xefe de servizo de Psiquiatría do CHOP ao advertir "falta de imparcialidade e desvío de poder" na avaliación de tribunal que "vulnerou os principios de igualdade, mérito e capacidade", primando a un candidato en detrimento do outro, o actual xefe, Isauro Gómez Tato.
O Sergas presentou recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Os socialista pedirán no Parlamento que a Consellería de Sanidade valore estes feitos, que diga se os considera aceptables, demandarán unha explicación por parte da xerencia do CHOP e reclamaralle á Consellería que cese a José Manuel González "pola manifesta irregularidade cometida".