75 novas mariscadoras para Lourizán, unha confraría que sigue loitando contra a zona C
Por Redacción
75 novas mariscadoras incorporarase en breve á confraría de Lourizán. Así o avanzou a súa patroa maior, Mari Carmen Vázquez, trala entrevista que mantivo co alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores. Virán substituír, principalmente, a aquelas mariscadoras que tras xubilarse a súa vacante non foi cuberta. ÿ unha mostra, sinalou, da importancia que a súa actividade económica ten na comarca.
Por iso é polo que estean moi preocupadas porque o banco marisquero de Lourizán siga catalogado como zona C, o que impide a venda en fresco do produto. Ten que pasar por unha batea de depuración situada en Aldán (Cangas), un proceso que non termina de ser rendible, din. "Non sabemos por que, pero a ameixa que sacamos da batea vendémola na lonxa á metade de prezo que a que ven doutras zonas".
Solicitan ás institucións con responsabilidades nesta materia, entre elas o Concello de Pontevedra, que se axilicen todas as actuacións pendentes para concluír co saneamiento da ría de Pontevedra e reducir ao mínimo os puntos de verquido.
Neste sentido, o alcalde de Pontevedra trasladoulles que, no que se refire a actuacións municipais, déronse pasos moi importantes para acabar co verquido á ría de augas fecais e pluviais, pero que falta a comprometida por Augas de Galicia no río dos Gafos. ÿ un proxecto, dixo, licitado e adxudicado desde hai anos "que non sabemos moi ben por que está parado".
As mariscadoras reuniranse nos próximos días con responsables deste organismo, así como tamén do Intecmar, o instituto encargado das analíticas das augas nas rías galegas.